messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Freixo na ribeira de Figueiró Freixo mediterráneo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
  • Perímetro normal: 2,58 m
  • Altura: 22,5 m
  • Parroquia: Figueiró
  • Coordenadas: 41.955954, -8.750274
Freixo moi vistoso que medra no lindeiro entre a franxa de bosque de ribeira do Miño e os campos empregados para un viveiro de árbores ornamentais. Na súa proximidade existe invasión de acacias negras (Acacia melanoxylon) e falsas acacias (Robinia pseudoacacia), sobre as que comezaron accións de erradicación na primavera de 2017. O freixo só abre a súa copa por riba da cuberta de salgueiros, a partir duns dez metros de altura, a través de grosas ramas secundarias.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.