messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Freixo de Solaveiga Freixo mediterráneo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
  • Perímetro normal: 2,53 m
  • Altura: 22,1 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.970766, -8.740476
Destaca na paisaxe, superando en altura as restantes árbores, que apenas configuran unha liña forestal na beira do Miño, xunto aos extensos campos de cultivo de Vilar de Matos. Presenta o tronco cuberto de hedra, ramificado principalmente a partir dos 5 metros de altura, para configurar unha espléndida copa. Na base encóntrase un caseto de probable uso agrícola.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.