messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Freixo de Barrantes Freixo mediterráneo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
  • Perímetro normal: 2,61 m
  • Altura: 19,6 m
  • Parroquia: Barrantes
  • Coordenadas: 42.014099, -8.762039
Exemplar demoucado a aproximadamente 4 metros de altura, situado na ribeira do río do Pego, moi próximo ao carballo do Xesteiro, aínda que na outra marxe do río. Desde a demouca medran verticais catro pólas principais, que configuran unha copa que sobresae na estreita franxa de bosque de ribeira do río.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.