Árbores
senlleiras
Freixo das Cobradas Freixo mediterráneo
- Árbore Autóctona
- Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
- Perímetro normal: 2,50 m
- Altura: 20,1 m
- Copa:150 m2
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.992778, -8.679513
Este freixo crece solitario en terras das veigas chamadas As Cobradas, a unha distancia próxima a 50 metros da beira do Miño. Conta cun fuste recto e unha copa descompensada, probablemente produto de podas pasadas, na que se abren ramas a diferentes alturas, principalmente na súa vertente oeste, cunha bifurcación final a uns 12 m do chan.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.