messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Freixo da foz do rego dos Eidos Freixo mediterráneo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
  • Perímetro normal: Aprox. 4,77 m (diámetro aproximado de 1,52 m)
  • Altura: 20,9 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.977346, -8.727099
Espectacular exemplar de freixo que nace entre un muro de contención construído na propia beira do Miño, onde se incorpora o pequeno rego dos Eidos. A árbore érguese vertical, destacando na súa contorna, aínda que resulta moi complicado achegarse á súa base a causa do desenvolvemento das silveiras que colonizan os campos abandonados próximos. Se ben hai sinais de podas na parte baixa do tronco, non se abre en catro grandes ramas máis que a partir dos 8 metros de altura, conformando unha copa moi rechamante. Este exemplar, de aparente óptima vitalidade, podería ser merecedor de inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.