Árbores
senlleiras
Freixo 1 na ribeira de Torrón Freixo mediterráneo
- Árbore Autóctona
- Especie: Fraxinus angustifolia Vahl
- Perímetro normal: 3,20 m
- Altura: 20,2 m
- Parroquia: Sobrada
- Coordenadas: 42.009094, -8.662427
Freixo que supera o metro de diámetro normal, cun diámetro basal de 1,45 m. O seu porte destaca na franxa de bosque de ribeira que persiste entre o Miño e as veigas e campos de cultivo anexas, xunto con outros dous exemplares moi próximos, un deles de 2,35 m de perímetro. Pese a que mantén algunha póla na parte inferior do tronco, só vai abrindo copa a partir duns 7 m de altura mediante ramificación vertical, influenciada pola competencia coas árbores próximas. A súa vitalidade semella favorable.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.