Árbores
senlleiras
Estripeiro do Espazo Fortaleza Estripeiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Crataegus monogyna Jacq.
- Perímetro normal: 1,83 m
- Altura: 6,5 m
- Copa:50 m2
- Parroquia: Goián
- Coordenadas: 41.939585, -8.752714
Espectacular exemplar, de dimensións destacables cando menos no contexto galego, pese a que foi desbotado nun primeiro intento de ser recoñecido no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. A árbore crece solitaria xunto á praia de Goián e ao Espazo Fortaleza, proxecto arquitectónico de recente execución, no cal foi respectado. Hoxe en día crece solitario, pero o tronco aparece deitado no sentido da corrente do río e bifúrcase en catro grandes ramas unha vez superado o segundo metro de altura, as cales a súa vez se van subdividindo e creando unha copa moi ampla, case semiesférica. No tronco existen bastantes buratos onde se chegan a desenvolver cogomelos, pero a árbore mostra un aspecto saudable.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.