Árbores
senlleiras
Cereixeira de Pedregal Cereixeira
- Árbore Autóctona
- Especie: Prunus avium L.
- Perímetro normal: 2,16 m
- Altura: 18,5 m
- Parroquia: Forcadela
- Coordenadas: 41.981053, -8.721688
Integrada nunha masa forestal con carballos, á súa vez rodeada dunha orla de xestas e silvas. Esta árbore medra próxima a outras dúas cerdeiras de tamaño pouco menor, e só destaca no momento da floración, posto que cerca se erguen eucaliptos de maior altura. Ten o tronco cuberto de hedra e ábrese en tres grandes ramas, que forman a enforcadura entre 3 e 4 metros de altura.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.