Árbores
senlleiras
Cedro do Himalaia de Hospital Cedro do Himalaia
- Árbore Exótica
- Especie: Cedrus deodara G. Don.
- Perímetro normal: 3,50 m
- Altura: 21,1 m
- Copa:130 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 42.005807, -8.730794
Medraba illado na entrada dunha propiedade con vivenda e anteriormente acompañábano outros dous exemplares, pero na actualidade xa non se conserva ningún dos tres. A estabilidade biomecánica estaba moi comprometida, xa que por concentrar o volume de copa no terzo superior, podía provocar unha panca moi perigosa para o exemplar e para as vivendas próximas.
O cedro catalogado presentaba un estado de saúde bastante bo en aparencia, co fuste libre de ramas en máis de dous terzos da altura do mesmo, quizais pola competencia cos cedros antes cortados ou por actuacións de poda levadas a cabo tras a caída deses exemplares. Os cortes desas podas eran moi deficientes, con innumerables tocos que probablemente causarían problemas de cicatrización e podremias.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.