Árbores
senlleiras
Cedro do Himalaia da casa indiana de Currás Cedro do Himalaia
- Árbore Exótica
- Especie: Cedrus deodara G. Don.
- Perímetro normal: Dous fustes de 1,96 m e 1,86 m
- Altura: 20,1 m
- Copa:62 m2
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.006289, -8.680158
Trátase dun exemplar con dous fustes diferenciados, xa que se ramifica moi cerca da base. O estado sanitario e a vitalidade do exemplar son bos, se ben, por atoparse inmerso nun pequeno arboredo, non pode desenvolver correctamente a súa copa, bastante irregular pola competencia coas demais especies que o rodean.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.