messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Catalpas da praza de Tebra Catalpa

  • Árbore Exótica
  • Especie: Catalpa bignonioides Walter.
  • Perímetro normal: Ex1: 3,29 m; Ex2: 3,20 m
  • Altura: Ex1: 12,9 m; Ex2: 12,1 m
  • Copa:Ex1: 180 m2; Ex2: 145 m2
  • Parroquia: Santa María de Tebra
  • Coordenadas: 42.042405, -8.73633
Trátase de dous exemplares de excepcionais dimensións, que se atopan en senllas platabandas de pedra elevadas medio metro do nivel da praza. De robusto tronco que ramifica a apenas 2,5 m de altura, están sometidos a demoucados periódicos que diminúen o encanto e vitalidade dos exemplares. As podas inadecuadas traen como consecuencia unha ramificación desproporcionada, follas demasiado grandes e falta de floración, xa que as xemas florais agroman na zona terminal das ramas. Ademais dos aspectos ornamentais, estas podas tamén poñen en risco o estado sanitario das árbores, pois provócanse grandes e numerosas feridas.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.