Árbores
senlleiras
Castiñeiro do Ramo Castiñeiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Castanea sativa Mill.
- Perímetro normal: 2,88 m
- Altura: 20 m
- Parroquia: Forcadela
- Coordenadas: 41.978246, -8.738237
Crece nunha propiedade xunto a unha casa abandonada, próxima á Quinta do Ramo. O castiñeiro está rodeado dunha silveira e crece ergueito, co tronco completamente envolvido nas pólas, que medran desde a base. A enforcadura fórmase a uns 8 metros de altura, cando o tronco se abre en tres grandes ramas.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.