messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Castiñeiro de Torrón Castiñeiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Castanea sativa Mill.
  • Perímetro normal: 2,51 m
  • Altura: 16,5 m
  • Parroquia: Barrantes
  • Coordenadas: 42.017497, -8.66568
Árbore integrada nunha repoboación de castiñeiros que ocupa o fondo de valgada situado entre o núcleo rural e unha vasta plantación de kiwis. O exemplar catalogado destaca entre o resto de árbores próximas e constitúe a única mostra en ambientes naturalizados desta especie no Catálogo. O tronco principal divídese a uns dous metros de altura en tres grandes ramas que continúan crecendo verticalmente antes de abrir copa, influenciadas pola competencia de conxéneres próximos

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.