Árbores
senlleiras
Castiñeiro de Castañal Castiñeiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Castanea sativa Mill.
- Perímetro normal: 2,59 m
- Altura: 17,0 m
- Copa:215 m2
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.015008, -8.740973
Crece no medio do patio dunha vivenda do barrio da Pedra, sen competencia doutras árbores. A súa copa é ampla, aínda que algo descompensada, formada a partir de divisións do tronco principal desde uns cinco metros de altura e condicionada por diferentes podas segundo intereses das persoas propietarias da vivenda.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.