messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Castiñeiro da Pedra Castiñeiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Castanea sativa Mill.
  • Perímetro normal: 2,81 m
  • Altura: 17,3 m
  • Copa:285 m2
  • Parroquia: Tomiño
  • Coordenadas: 41.995028, -8.72799
Este castiñeiro encóntrase entre construcións dunha casa labrega no barrio da Pedra, onde foi plantado en terra fértil con abundante auga hai uns 60 anos, segundo lembra o propietario. O tronco crece algo deitado para erguerse por riba das construcións anexas e formar unha ampla copa. Dá abundantes castañas, de moi bo calibre.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.