Árbores
senlleiras
Carballos turcos do Argallo Carballo turco
- Árbore Exótica
- Especie: (Quercus cerris L.)
- Perímetro normal: Ex1: 1,44 m; Ex2: 1,63 e 1,91 m; Ex3: 2,05 m; Ex4: 2,33 e 2,00 m
- Altura: Ex1: 24,2 m; Ex2: 24,1 m; Ex3: 21,6 m; Ex4: 22,0 m
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 42.004814, -8.77578
Aínda que non se trata de individuos de avanzada idade nin dimensións espectaculares, o conxunto de carballos turcos de Argallo é unha das poucas formacións desta especie en Galicia, o que lle outorga certa singularidade. Ocupan unha superficie de aproximadamente 1,05 ha ao longo de ambas as marxes do regueiro dunha valgada. Moitos dos integrantes da formación presentan bifurcacións a escasos centímetros do chan, o que lle confire á masa o aspecto natural característico das árbores sen tratamentos silvícolas como podas ou clareos, pero si con rozas periódicas. Pola súa situación de cheo no monte, cómpre limitar a zona de ocupación desta especie e controlar a súa naturalización e espallamento por ladeiras próximas, sen descartar que no futuro poida ser recomendable erradicar a formación se se comprobase comportamento invasor.
Dentro da formación, destacan catro exemplares que se presentan a pares, próximos á beira do rego que configura a valgada.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.