messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Carballo dos Covelos Carballo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus robur L.
  • Perímetro normal: 2,94 m
  • Altura: 19,8 m
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.99251, -8.690465
Este carballo integra a estreita banda de bosque de ribeira no tramo final do río Furnia antes da súa desembocadura no Miño. Xunto a un amieiro próximo, destaca en altura entre os campos abertos a ambas as marxes do río. As primeiras pólas laterais aparecen sobre os 5 metros de altura e só crea copa a partir duns 10 m.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.