Árbores
senlleiras
Carballo do Xesteiro Carballo
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus robur L.
- Perímetro normal: 3,29 m
- Altura: 18,2 m
- Copa:155 m2
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.042073, -8.748946
Esta árbore encóntrase integrada no espazo axardinado arredor dunha vivenda particular, na transición coa ribeira do río do Pego, nas proximidades da aldea de Mosteiro. Dáse a circunstancia que hai anos houbo un bar nesta casa, sendo o carballo un elemento destacado, que daba sombra, acubillo e bo ambiente ás mesas situadas no patio. Polo mesmo, foi obxecto de varias podas notables, moi ben realizadas, de aí que a árbore apenas presente feridas, pero si engrosamentos; por exemplo no tronco principal, cun perímetro a case medio metro do chan de 292 cm, menor que o perímetro normal (366 cm), e do que parten sete canas que desenvolven a copa da árbore. Porén, como no caso de Vilameán, este carballo está soterrado por un recheo para nivelar o patio da vivenda, que reduce a súa altura real en aproximadamente dous metros. No tronco crece epífita a cabriña (Davallia canariensis), fento de óptimo subtropical (Macaronesia), pero autóctono de Galicia, moi escaso en Tomiño.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.