messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Carballo do Ramo Carballo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus robur L.
  • Perímetro normal: 4,32 m (aprox. 1,37 m de diámetro)
  • Altura: 23,2 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.976963, -8.732786
Trátase do maior carballo que encontramos en Tomiño e, polo dito, en todo o Baixo Miño. Medra na marxe dunha pequena estrada local sobre as fértiles terras da veiga do Miño, a uns douscentos metros do río. Divídese en dous troncos principais a case dous metros sobre o chan, ambos os dous tapizados de hedra e brións. Pese ao seu tamaño, apenas destacaba na paisaxe pola proximidade de piñeiros e eucaliptos de grande altura; en febreiro de 2018 foron cortados respectando o carballo, que loce agora máis formidable, con aparente boa vitalidade.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.