Árbores
senlleiras
Carballo de Moldes Carballo
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus robur L.
- Perímetro normal: 3,32 m
- Altura: 25,0 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.996638, -8.675002
Outro enorme carballo localizado na proximidade do río Miño, a apenas 20 metros da beira, no seo dunha pequena carballeira na ZEC Baixo Miño, no lugar de Moldes. O seu porte é moi dereito, sen apenas sinais de podas e demoucas, polo que acada a maior altura entre os carballos senlleiros de Tomiño. O seu tronco, dividido en tres fustes case paralelos desde escasa altura, tamén está densamente cuberto pola hedra, creando un microhábitat empregado por variada fauna para criar e alimentarse.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.