Árbores
senlleiras
Carballo de Carregal Carballo
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus robur L.
- Perímetro normal: 2,90 m
- Altura: 10 m
- Parroquia: Santa María de Tebra
- Coordenadas: 41.98535, -8.704141
Localizado na beira da estrada que accede á praia de Carregal e próximo ao río Miño, esta árbore encóntrase moi castigada por podas repetidas nas ramas que parten do seu toro central, cruzadas por varios cables. Superado en altura por bastantes árbores próximas, o carballo apenas destaca até chegarmos ao grosor do seu tronco. Xunto á rotonda na que remata a estrada, crece outro exemplar sobranceiro (perímetro = 2,62 m).
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.