Árbores
senlleiras
Carballo das Bouzas de Baixo Carballo
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus robur L.
- Perímetro normal: 2,67 m
- Altura: 21,8 m
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.005665, -8.663291
Exemplar de poderoso porte, que medra a carón dun camiño que accede ao río, no espazo de transición entre as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos coa vexetación natural da ribeira do Miño. O fuste é recto con numerosas marcas de podas laterais na metade inferior, o cal contribúe, xunto á competencia coas árbores circundantes, a configurar copa a partir de media altura.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.