messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Carballo da Rotea Carballo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus robur L.
  • Perímetro normal: 3,18 m
  • Altura: 20,0 m
  • Copa:305 m2
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.997444, -8.683232
Carballo situado xunto a unha vivenda, no marco dun núcleo diseminado. O toro principal divídese a máis de dous metros de altura en catro fustes máis dúas pólas laterais, todas tapizadas de hedra, que conforman unha copa moi ampla que se proxecta sobre unha estrada próxima, favorecida pola ausencia de competencia con outras árbores. Varios cables de condución eléctrica atravesan a copa.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.