messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Carballo da ribeira de Torrón Carballo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus robur L.
  • Perímetro normal: Dous fustes, de 2,33 e 1,44 m
  • Altura: 18,7 m
  • Parroquia: Sobrada
  • Coordenadas: 42.016566, -8.661313
Entre os carballos catalogados en Tomiño, este é o único que presenta bifurcación do tronco por baixo da altura de medida do perímetro normal (1,30 m). Tamén é dos poucos que se encontra integrado nun dos pequenos fragmentos de carballeira galaico-portuguesa existentes no concello, teoricamente protexida pola ZEC Baixo Miño. Os dous troncos principais están cubertos de hedra e ascenden case paralelos, abrindo copa na metade superior da árbore.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.