Árbores
senlleiras
Carballo da ribeira da Torre Carballo
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus robur L.
- Perímetro normal: 3,42 m
- Altura: 19,8 m
- Copa:240 m2
- Parroquia: Goián
- Coordenadas: 41.943021, -8.750686
Este carballo medra na ribeira do Miño, cerca do pazo dos Correa ou Casa da Torre, hoxe en día na propia marxe do vial peonil construído entre o Espazo Fortaleza e a ponte da Amizade. O seu tronco esta parcialmente cuberto por hedra, a cal actualmente non lle supón maior ameaza. Pese á enorme e harmoniosa copa arredondada e a lindar cun espazo aberto do outro lado do camiño, esta árbore non destaca especialmente até chegar a súa proximidade, debido ao desenvolvemento do bosque de ribeira.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.