messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Carballo cerqueiro de Carregal Carballo cerqueiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus pyrenaica Willd.
  • Perímetro normal: 1,79 m
  • Altura: 14,2 m
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.984676, -8.708152
Asentado no lindeiro entre as veigas da ribeira do Miño e o monte de Carregal, nunha zona aberta a sueste e dominada por repoboacións de piñeiro do país, pero con frecuentes pés de carballo, sobreiro, outro cerqueiro de perímetro 1,60 m e outros dous de menor porte. O seu tronco divídese en tres fustes a partir dos oito metros de altura, creando unha copa redondeada e harmónica.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.