messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Buxo de Fontela Buxo

  • Árbore Exótica
  • Especie: Buxus sempervirens L.
  • Perímetro normal: Cinco fustes princi- pais, de 0,44, 0,68, 0,68, 0,66 e 0,70 m
  • Altura: 7,1 m
  • Copa:35 m2
  • Parroquia: Goián
  • Coordenadas: 41.940499, -8.763616
Atópase xunto a unha casa á que deu nome, «O Buxo». Ten dimensións moi destacadas e idade avanzada, xa que a casa data de 1884. Desde o camiño apréciase boa parte da súa copa, ficando os troncos ocultos detrás do muro pétreo da quinta. O seu estado sanitario é bo, pero unha poda para rexuvenecer a copa e eliminar ramaxe morta sería bastante recomendable. Adornando a copa deste excepcional buxo, cortada hai poucos anos pola súa proximidade ao tendido eléctrico, atopamos as flores dunha Bignonia, rubideira sudamericana de espectacular floración laranxa.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.