Árbores
senlleiras
Amieiro 1 da foz do Furnia Amieiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.
- Perímetro normal: 2,19 m
- Altura: 11,1 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.991301, -8.689529
O río Furnia bótase ao Miño acompañado dun pequeno reduto de bosque de ribeira, con amieiros varios que roldan os dous metros de diámetro, freixos e mesmo pradairos, todos de considerable desenvolvemento. Na zona sur, contra a marxe do Miño, crece este exemplar de escasa altura, co tronco recuberto de hedra.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.