messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Acivros da Cabana Acivro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Ilex aquifolium L.
  • Perímetro normal: Ex1: dous fustes de 0,81 e 0,69 m
  • Altura: Ex1: 7,8 m
  • Copa:Ex1: 35 m2
  • Parroquia: Sobrada
  • Coordenadas: 42.019305, -8.670816
Formación de acivros que se encontra a ambos os lados dunha estrada local en Torrón, moi cerca das vivendas do noroeste do núcleo rural. O maior exemplar, masculino, divídese en dous fustes que crecen moi verticais e configuran unha copa irregular e elíptica, que se abre case desde o chan. Por referencias dun veciño, sábese que xa era árbore de certo porte desde hai 40 anos, nun campo cruzado por un rego onde só medran outros catro conxéneres, dous machos e dúas femias, que frutifican. Máis a norte, na marxe do mesmo rego, aparecen outras tres árbores, unha delas con perímetro normal de 105 cm. Cruzando a estrada encóntranse outros nove pés menores, xunto con diferentes árbores autóctonas de recente plantación. En total, abranguen unha superficie próxima aos 900 m2.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.