Árbores
senlleiras
Abeto de nadal da casa indiana de Currás Abeto de nadal
- Árbore Exótica
- Especie: Picea abies (L.) Karsten
- Perímetro normal: 1,85 m
- Altura: 19,5 m
- Copa:100 m2
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.00647, -8.680205
Marabilloso exemplar que, como caso excepcional, non foi podado e conserva a ramaxe desde a base do fuste, polo que se pode apreciar a súa beleza medrando case illado e sen competencia. O feito de non sufrir actuacións de poda permite observar o porte natural da especie coas súas características ramificacións terciarias colgantes como adaptación ás nevaradas, xa que a neve escorre polas ramas e non provoca roturas polo seu peso.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.