Árbores
senlleiras
Abeleira 3 da nacente do Pego Abeleira
- Árbore Autóctona
- Especie: Corylus avellana L.
- Perímetro normal: Dez fustes principais, o maior de 32 cm
- Altura: 9,4 m
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.024793, -8.772412
Esta abeleira crece na marxe leste do río. Destaca pola enorme cantidade de fustes que crecen en todas as direccións, conformando unha ampla copa globosa.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.