messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Abeleira 1 da nacente do Pego Abeleira

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Corylus avellana L.
  • Perímetro normal: Dez fustes principais, os maiores de 86, 76, 56 e 53 cm
  • Altura: 10,3 m
  • Parroquia: Barrantes
  • Coordenadas: 42.024415, -8.772546
Nace na beira do río do Pego, sobre un noiro que limita campos a distintas alturas, polo que a vexetación de ribeira representa unha sebe sen apenas competencia doutras árbores en ambos os laterais, entre os que destaca un dos carballos senlleiros existentes na zona. Acompañan numerosos fentos macho (Polystichum setiferum e Dryopteris affinis).

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.